Vistas de página en total

viernes, 3 de mayo de 2013

Interesante reseña do libro de Guillermo Dalia Cirujeda e Ángel Pozo López:



 No seu último capítulo "¿Quieres saber más?" os autores recollen unha útil bibliografía xunto cun pequeno listado dalgunhas páxinas web que poden axudar a atopar máis información sobre cuestións de psicoloxía e medicina aplicada á música:

- Dalia, G (2004). Cómo Superar la Ansiedad Escénica en Músicos. Mundimúsica Ediciones
- Hargreaves, D y North, A (1997). The social Psychology of Music. Oxford University Press
- Juslin, P; Sloboda, J y Sloboda, J (2001). Music and Emotion: Theory and Research. Oxford University Press
- Kemp, A (1996). The Musical Temperament. Oxford University Press
- Parncutt, R y Mc Pherson, G (2002). The Science and Psychology of Music Performance. Oxford University Press
- Sloboda, J (1986). The Musical Mind: the cognitive psychology of music. Oxford University Press
- Sloboda, J (2005). Exploring the Musical Mind: cognition, emotion, ability, function. Oxford University Press

 Webs de interese:

http:// www.ifpam.org

 A continuación colgamos un pequeno resumen do libro; de feito é un resumen do propio resumen que os autores fan ó final de cada capítulo. Esperamos que o encontredes interesante:
 “Trata sobre os músicos como persoas. Son descricións de conceptos básicos de psicoloxía que poden ser útiles ós músicos como persoas (…). Pode aportar ideas básicas e conceptos derivados da ciencia da psicoloxía para mellorar a túa calidade e desfrute persoal como músico (e quén sabe si pode chegar a mellorar o teu nivel interpretativo).
 O obxectivo dos autores é espertar o interese sobre algúns conceptos de psicoloxía que quizá non estiveran demasiado presentes na túa formación musical.
 (9) O instrumento máis difícil: nós mesmos. Os músicos somos persoas e coñecernos é un requisito para dar o mellor de nós.
(13) Somos o que facemos: sobre as nosas condutas. Pódese aprender e desprender e non temos que resignarnos a padecer os seus efectos negativos.
(16) Obxectivo: ensaiar estratexias e consellos para que podas aprender a coñecer e/ou cambiar as emocións e condutas que che fan sentir mal e a afrontar as diferentes situacións musicais de forma máis efectiva.
(17) Aprender e desaprender. Podemos modificar parcelas da nosa vida se non estamos conformes.
(23) A personalidade do músico. Os músicos comparten unhas calidades na súa maneira de reaccionar ante a vida. É bo coñecelas para potenciar o positivo e diminuír as que nos causen problemas así como controlar as causas que os orixinan.
(29) Os pensamentos causan as emocións. Ás veces pensamos de forma distorsionada que nos provoca malestar pero podemos aprender a que non nos afecten demasiado as cousas.
(37) Ansiedade escénica [ver capítulo anterior para controlar emocións desagradables]. É un aprendizaxe desadaptativo que podemos corrixir si aplicamos as técnicas necesarias. Primeiro hai que aceptalo, despois coñecer os motivos polo que o sufrimos e poñer solución. Non ten a súa causa en estar máis ou menos preparado.
(45) Interpretar de xeito relaxado. Existen técnicas eficaces para poder controlar o noso corpo no escenario.
(51) A relación co instrumento. É importante ter bos hábitos de coidado e limpeza e de dedicación: permanente e que sexan momentos agradables.
(55) Hábitos de estudo. Temos que ter bos hábitos: lugar agradable, diario e con horario, rematar de estudar con algo doado ou agradable, tocalo todo seguido como exercicio, aceptar que haberá días malos, ollo cas lesións.
(61) Antes da actuación. Hai que darlle só a importancia que ten. Coidado con ideas irracionais. Aplicar técnicas cognitivas, non facer comportamentos de “protección”, non falar demasiado dela, coñecer e practicar técnicas de relaxación nos momentos previos a saír ó escenario.
(65) No escenario. Debe ser unha situación de desfrute (é un momento de abandonarnos). Non estar pendente dos procesos de execución, quitarnos presión, amosarnos como somos.
(71) Despois da actuación. Hai que estar satisfeitos, non excedernos en comentarios ó respecto, aprender a analizar nos días seguintes (maior obxectividade), as críticas ben intencionadas hai que aceptalas e recoñecelas (o positivo tamén).
(75) As audicións. Expoñernos sempre que poidamos e “buscalas”, deben ser situacións de desfrute.
(81) Somos sociais: temos que compaxinar outras actividades cas musicais. É positivo fomentar contactos con persoas non relacionadas ca música. Ter a autoestima san e humildade profesional, somos músicos mais nin mais nin menos que outros profesionais.
(85) Algunhas ideas sobre a autoestima. Ser coherentes cas nosas condutas, relativizar o que facemos, reforzarnos e gratificarnos.
(89) ¿Para qué estudio? ¿continuo?. Non precipitarnos nesa decisión, ten que ser reflexionada e estudada; comentalo cos demais.
(93) Consellos para profesores e (97) Consellos para alumnos
(99) Orquestra e agrupacións musicais. A cohesión mellora o clima social e a calidade de vida.
(105) ¿Ir ó psicólogo?. Pódenos axudar ante algunhas dificultades que non saibamos afrontar
(109) Fisioterapeuta, médico e psicólogo. Sería positivo ter a nosa disposición estes profesionais que colaboran de forma continuada con profesores e alumnos pois é recomendable desde o principio ter bos hábitos posturais e técnicos para evitar futuras lesións.
 (113) Cuestións para reflexionar. Estereotipos de xénero, saúde”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario